15/4/11

E a Perla Ponteareana ganadora de 2011 é...

Seguimos cos tópicos: todalas Perlas Ponteareanas enviadas son xeniais. Pero se temos que decidirnos por unha, eliximos a enviada por Pardal. Xa sabíamos que Ponteareas é un sitio especial, cheo de contradicións, pero isto xa supera calquera escea felliniana!. E o máis curioso é que ó cabo de 2-3 días de facer a foto, o Concello apresurouse a arranxar tal desfeita, o cal é un honor para o Ateneo Libertario Lume Negro, pois fainos sospeitar que seguen o noso blog. Así que non nos queda máis que dar as grazas a tódolos participantes e a noraboa ó gañador, e incitalos a que nos sigan enviando tódalas perlas que queiran para expoñelas no noso blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario