2/9/10

"A CONQUISTA DO PAN" EN GALEGO

Dende o Ateneo Libertario Lume Negro temos a satisfacción de comunicarvos que a obra de Kropotkin “A conquista do pan” publicada hai 118 anos, xa se pode ler en Galego.
A publicación deste libro ve a luz este mes de setembro e será posto á venda por primeira vez no Festival da Poesía do Condado que se vai celebrar en Salvaterra do Miño o día 4.
Posteriormente os interesados poderán conseguilo contactando con nós a través do noso correo (lumenegro@yahoo.es), ou informándose dos puntos de venda que anunciaremos no blog.

SAÚDE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario