30/7/11

¡La iglesia católica oficial NO está en CRISIS!

Interesante artículo en la página http://www.laicismo.org/, en el que se analiza la financiación de la iglesia católica en España. Además se puede descargar en PDF el artículo completo con todos los datos económicos.
El vínculo:
http://www.laicismo.org/observatorio/destacados/algunos_datos_sobre_la_financiacion_de_la_iglesia_catolica_en_espana.html

21/7/11

Nova sección das Perlas Ponteareanas: "Normalizando a lingua?"

Enviada por Anónimo.
Ola!
Mándovos esta perla, para o voso uso e goce! Na entrada da sala multiusos do noso fermosísimo e útil Auditorio de Ponteareas!!!

NON Á GUERRA. Nin como espectáculo

O vindeiro 24 de xullo Vigo volverá a acoller os avións de guerra do Festival Aéreo de Vigo na praia de Samil. Dende o Espazo Aberto Antimilitar amosamos o noso rexeitamento a este evento, máis aínda neste tempos de crise e recortes sociais.

Máis información:
http://www.nonaogastomilitar.org/

20/7/11

Valoración das IV Tardes Libertarias

Os pasados 8 e 9 de xullo celebráronse as IV Tardes Libertarias, organizadas polo Ateneo Libertario Lume Negro en Ponteareas, baixo o lema “As plantas de biomasa e outras malas herbas”.
Na tarde do venres proxectouse o documental Apaga e vámonos, no que se expón a historia dunha nación usurpada, no que se fala sobre un xenocidio esquecido, sobre a globalización e sobre un río. A seguir, contamos coa presenza dos colectivos Asamblea do Suído, que nos relataron a problemática das eólicas en Galiza e na serra do Suído en particular, e Reganosa demolizón, que nos achegaron unha visión diferente sobre o consumo enerxético e deron luz sobre o conflito xerado en Ferrol coa construción da planta regasificadora.
A sesión do sábado comezou coa intervención crítica do colectivo Salva la Selva ao redor do negocio e os impactos do mercado da biomasa a nivel mundial, que foi seguida da charla centrada na problemática da instalación da planta de biomasa proxectada para Ponteareas. Este último relatorio, pronunciado por un compañeiro do ateneo, fiou datos oficiais, claves legais e condicionantes económico-sociais relacionados co proxecto e coa realidade enerxética do país para facilitar a comprensión do que está a suceder en Galiza, que non veñen máis que a manifestar que o sector enerxético se ten convertido nun negocio moi lucrativo para as grandes empresas. Como remate, o Ateneo pretendeu amosar que existen alternativas no uso do monte máis alá da explotación enerxética e achegou ao auditorio dous exemplos significativos que están en marcha no Condado e a Paradanta. Tratouse de Abonos Lourido, produtor de abono de toxo dende hai 16 anos, e a explotación de caprino posta en marcha pola Comunidade de Montes en Man Común de Cabeiras, na parroquia de Arbo, e que conta na actualidade con máis dun centenar de cabezas e que ten xerado un posto de traballo estable.
Dende a asemblea do Ateneo Libertario Lume Negro, queremos agradecer a todas as persoas, aos grupos invitados e ó técnico do auditorio, que coa súa presenza, apoio e colaboración, fixeron posible a celebración destas cuartas tardes libertarias.
Así mesmo agradecemos a asistencia de público que, aínda que non demasiado numeroso, mostrouse realmente interesado tanto na temática coma no debate posterior ás intervencións dos convidados. Só lamentar a pouca afluencia de persoas directamente afectadas polo proxecto, sobre todo da parroquia de Ribadetea e da zona da Freixa, aínda que todos nos veriamos afectados se o proxecto chegase a facerse realidade. Aínda así seguiremos traballando para informarnos e poder tirar as nosas propias conclusións.

18/7/11

Aprovechando el 18 de julio, cantaremos una bonita canción...

Ahí va la recomendación del verano:


Más información en:
http://www.lahaine.org/index.php?p=23624