29/8/13

XXVII FESTIVAL DA POESIA DO CONDADO



Este sábado 31 de agosto, coma sempre, estaremos presentes no Festival da Poesía de Salvaterra. Teremos un pequeno posto con material do ateneo, que este ano inclúe un número especial da publicación aperiódica co gallo do X aniversario do Ateneo.


Quedades todos convidados!



 




Esta publicación consta de 154 páxinas, e inclúe textos de: Félix Rodrigo Mora, Miguel Martínez, Pedro García Olivo, Miguel Amorós, Gato Negro, Lucio Urtubia e máis persoas e colectivos que ó longo destes dez anos colaboraron ou colaboran co Ateneo Libertario Lume Negro.




Sabemos que tiñamos un pouco abandonado este noso blog, pero iso non significa inactividade pola nosa parte. Esta ausencia está xustificada polo tempo adicado ó proxecto da publicación especial deste ano e á preparación das VI Tardes Libertarias, que esta vez serán celebradas os vindeiros días 1 e 2 de novembro, na Casa dos veciños e veciñas de Angoares. O día 1, levaremos a cabo a proxección da curtametraxe Balando con Homos, producida pola Ateneo e contaremos coa presenza de Miguel Amorós que nos dará unha charla.

O segundo día, visitaranos Eliseo Fernández e celebraremos un magosto.