25/3/12
Novos conflitos coas plantas de biomasa para producir electricidade
Os proxectos de plantas de biomasa para producir electricidade están a xerar conflitos e o de Ponteareas non é o único. Outra das plantas proxectadas no concurso resolto no 2010, a localizada en Barro-Meis (Pontevedra) tamén está a provocar conflitividade social mediante a oposición de comuneiros/as afectados/as pola planta.
Noutros lugares do estado como Catalunya tamén se están a producir importantes conflitos sociais como podemos ver nesta nova.
Como en Barro, Meis, Catalunya e noutros lugares desde o Ateneo continuaremos informando e loitando contra estes macroproxectos que só benefician ás empresas eléctricas e que afectarían de xeito moi negativo ao noso entorno e á nosa saúde.
19/3/12
La Pepa
Hoy los poderes vigentes celebran por todo lo alto el 200 aniversario de la Constitución de Cádiz. La consideran "el primer código político a tono con el movimiento constitucionalista europeo contemporáneo, de carácter novedoso y revolucionario, que establecía por primera vez la soberanía nacional y la división de poderes, como dos de sus principios fundamentales". También, dicen, estableció la libertad individual, la libertad de prensa y la inviolabilidad del propio domicilio.
¿Sabías que:
- “la Pepa” inició el proceso privatizador de los bienes y tierras comunales del mundo rural?
- impuso el servicio militar obligatorio?
- negó personalidad jurídica al concejo abierto (asambleas de los pueblos)?
- elevó colosalmente los impuestos pagados por la gente?
- extinguió los sistemas de gobiernos propios de Andalucía y abolió los fueros territoriales?
- creó la Milicia Nacional; sabes que hizo este cuerpo de policía militarizada?
- abolió la autonomía del municipio?
- creó jurídicamente la propiedad privada absoluta y trajo la expansión del trabajo asalariado como la forma dominante de ganarse la vida?
- reforzó a Madrid como Urbe centralizadora e impulsó la imposición del castellano por toda la península?
- levantó enorme oposición en el mundo rural?
Como vacuna ante este virus manipulativo, os recomiendo que veáis este vídeo realizado por Félix Rodrigo Mora.
16/3/12
Valoración da charla de Pedro García Olivo
O venres da semana pasada, no local social O Fresco, o Ateneo Lume Negro celebrou unha charla, na que o invitado era o sempre polémico Pedro García Olivo. O título elixido era “Enemigos de la escuela por amor a la educación. El inter-texto anti-pedagógico”, na que falaba sobre outras modalidades educativas, como a xitana, a indíxena e a rural-marxinal, utilizando os aspectos positivos de ditas alternativas para criticar o modelo educativo occidental en xeral.
En canto á charla propiamente dita, cremos que se pode facer unha valoración moi positiva, tanto dende unha perspectiva estrutural como argumental, independentemente do punto de vista e opinión de cada quen. En calquera caso, cómpre ter en conta que o tema en cuestión é bastante complexo como para condensalo nunha hora e pico que foi o que durou.
O número de asistentes foi inesperadamente elevado, de feito houbo xente que tivo que quedar de pé o tempo todo debido á falta de sillas; nalgúns momentos a calidade do son non foi a mellor por ruídos e interferencias varias, causas alleas á nosa vontade que escapaban á nosa capacidade de organización. Con todo, e a pesar das circunstancias, dende o Ateneo Lume Negro facemos unha valoración positiva do acto en xeral.
Queremos aproveitar esta ocasión para manifestarlles o noso agradecemento tanto ó colectivo O Fresco, que puxo á nosa disposición o seu local, como a tódolos asistentes, que coa súa asistencia e participación fixeron posible a celebración desta charla.
Así mesmo, tamén queremos amosar a nosa gratitude a Unión Libertaria por ofrecernos a oportunidade de poder a traer de novo a Ponteareas a P. G. Olivo, a quen tamén lle agradecemos a súa disposición e xenerosidade ó compartir con nós as súas inquietudes.
OS "AXUSTES ANTICRISE" A DEBATE
Os "axustes anticrise" a debate.
- Nova reforma laboral. Recorte de dereitos no ámbito do traballo. Falará Isidro Román (militante sindical).
- Recorte de prestacións sociais. Falará Diego Lores (ODS-Coia http://odscoia.arkipelagos.net/).
Será o sábado 17 de marzo ás 20:30h no Centro Social "A Cova dos Ratos" (rúa Romil 3 Baixo -Vigo-)