24/10/10

El gran casino europeo

El gran casino europeo from ATTAC.TV on Vimeo.


Vídeo producido por Enlazando Alternativas sobre las políticas aplicadas por la Unión Europea como parte de la campaña contra la Europa del capital, la guerra y sus crisis; por la solidaridad entre los pueblos. Realizado por La Antena SCV.

21/10/10

Valoración das III Tardes Libertarias


O ateneo libertario Lume Negro vén de desenvolver, na Casa Veciñal de Angoares, as terceiras tardes libertarias ‘Información unha grande libre’, dúas xornadas de análise e reflexión ao redor da manipulación nos medios de comunicación de masas.

O elevado número de asistentes congregados no local veciñal de Angoares xunto á intensidade dos debates xerados nas diferentes actividades programados levan ao ateneo a facer unha valoración moi positiva destas tardes temáticas, as terceiras que o colectivo ponteareán pon en marcha dende a súa formación en 2003.

As xornadas deron comezo o pasado 15 de outubro cunha representación ateatral asinada polo propio ateneo libertario Lume Negro, onde crítica e ironía serviron de fío condutor para a análise das prácticas habituais nos tres grandes medios de difusión masiva: radio, prensa escrita e televisión. Durante a representación puxéronse sobre a mesa noticias publicadas e emitidas sobre temas de actualidaed como a guerra de Irak, os tranxénicos, o conflito de Oriente Medio ou a realidade dos presos nos cárceres do Estado español para ilustrar estas prácticas dos mass media.

Mesa de informacion alternativa

As terceiras tardes libertarias ‘Información unha grande libre’ continuaron o 16 de outubro na Casa Veciñal de Angoares coa celebración da mesa redonda ‘Outros xeitos de informar’ na que interviñeron mebros dos xornais Diagonal e Novas da Galiza e as radios libres Piratona e Kalimera.

Diagonal, como puxo de manifesto o seu representante durante o relatorio, “rexeita a obxectividade dos medios burgueses” e aboga por “seguir sendo a voz dos movementos sociais de esquerdas de xeito serio e atractivo”. Con máis de 4.700 persoas suscritoras na actualidade en todo o Estado, Diagonal comezou a xestarse en 2003 a partir do xermolo da publicación mensual Molotov, pero até o 3 de marzo de 2005 non se produciu a edición regular definitiva. Neste tempo, o xornal, que funciona de xeito asembleario, creou redaccións en Aragón, Cantabria, Nafarroa, Asturias, Sevilla e Canarias e actualmente Asturias e Cantabria contan coas súas propias edicións locais.

Denunciou ademais o acoso policial que sofren os fotógrafos de Diagonal no seu traballo diario. Concretamente aludiu á detención do fotógrafo Eduardo León cando tentaba documentar as “redadas racistas” das forzas e corpos de seguridade do Estado contra os inmigrantes en Madrid.

Pola súa banda, Novas da Galiza fíxo fincapé na necesidade de medios de comunicación alternativos nos que se practique un xornalismo de investigación, denuncia social, análise e opinión. Con esas máximas naceu Novas en 2002. Neste tempo sufriu diversas mudanzas na periodicidade (actualmente é mensual) e na maqueta, a última delas a comezos de 2010, na que tamén se levou a cabo un importante esforzo de profesionalización do medio.

Na actualidade o Novas da Galiza conta con máis de 700 suscriptoras e aséntase como o referente da prensa escrita na información alternativa en Galicia. Na súa páxina web podese topar máis información sobre o Novas: http://www.novasgz.com

Radios Libres

“Medios que seguen combatendo dende a outra parte da inmenisdade dos medios”. Así definiu o representante de Radio Kalimero as radios libre. Radio Kalimera naceu como radio universitara hai máis de quince anos, cunha orientación libre, autoxestionada, antripatriarcal e galega. Xurdiu como canle de difusión da versión “non oficial” no conflito do derribo dos barracóns do Burgo das Nacións. Xunto a esta loita, o labor informativo máis combativo produciuse cando, instalada na Casa Encantada, deron conta da loita popular contra as mentiras do país e posteriormente do desaloxo e derrubo dese local social ocupa compostelá.

Segundo o representante de Kalimera, pola radio pasaran mais de 1000 persoas. Nestes momentos emiten no 107.9 de Compostela e teñen en marcha a web www.akalimera.org

Por último, interviu Xose Manuel da radio Piratona . A súa palestra versou sobre a historia desta radio libre viguesa, cunha longa historia ás súas costas, que se iniciou o 8 de marzo de 1988 no 104.9 desde a escola de FP de Teis cun emisor de 15w mono. Ao seu ver, as radio libres actúan nun espectro radioeléctrico que, está na práctica, desregulado. Radio Piratona emite na actualidade dende o dial 106.0. A Radio Piratona tamén conta cunha páxina web onde podes topar máis información sobre ela. http://www.sindominio.net/piratona

4/10/10

III TARDES LIBERTARIAS. OUTUBRO 2010

III TARDES LIBERTARIAS:
"INFORMACIÓN: UNHA, GRANDE E LIBRE"
15 e 16 de outubro de 2010.
Angoares, Ponteareas (Pontevedra)

Ven e participa nas III TARDES LIBERTARIAS 2010. Este ano tratan sobre A INFORMACIÓN E A SÚA MANIPULACIÓN.

PROGRAMA:

  • Venres 15 de outubro ás 9 da noide: REPRESENTACIÓN @TEATRAL DO ATENEO LIBERTARIO LUME NEGRO
  • Sábado 16 de outubro ás 6 da tarde: Mesa redonda: OUTROS XEITOS DE INFORMAR. Xornal Diagonal, Xornal Novas de Galiza, Radio Piratona, Radio Kalimera

____________________________________________

Consulta o mapa si non sabes chegar a Casa dos veciños e veciñas de Angoares (Ponteareas, Pontevedra).
http://picasaweb.google.com/lh/photo/EEtjd_OD5oQgbBee-iAg0VjW54hfyLgRazaVwAZkJ_c?feat=directlink