18/11/09

Nace Audiolivre: arquivo sonoro colaborativo con base nos movimentos sociais

Audiolivre pretende ser un arquivo de audios con licencias libres. Os principios que rexirán a selección de contidos serán o anticapitalismo, o antiracismo, o antisexismo, o antimilitarismo, a defensa do medio, o idioma galego e o coñecemento libre.

Audiolivre preséntase en forma de podcast, no que se poden escoitar os audios na rede, ou baixalos cadaquén ao seu computador. A páxina permite facer búsquedas, ou escoller temas da nube de etiquetas. Todos os arquivos de audiolivre están aloxados en archive.org

Calquera persoa pode rexistrase e subir audios que considere interesantes sempre que respecten os principios enumerados anteriormente. Se queres colaborar no proxecto, facer algún comentarios ou suxerencia, ou simplemente tes un audio e non queres pasar o chollo de subilo podes contactar con nós a través do correo electrónico: audiolivre@arkipelagos.net

12/11/09

VIII Xornadas Libertarias Ferrol


O sábado manifestación contra os recheos na ría de Vigo

09/11/09

Publicación @periódica Nº 11. Novembro 09

Xornadas Libertarias Compostela

Do 16 ó 20 de Novembro en Compostela.

06/11/09

Primeiras Perlas Ponteareanas II


Perla enviada por Chincilla

Primeiras Perlas Ponteareanas I


Esta envíanola Castinheiro:

É posible que o urbanismo puidese ser un tema para un concurso específico, xa que probablemente todo o núcleo urbán de Ponteareas sexa unha perla ponteareana.
Os escasos restos do casco vello de Ponteareas caen a pedazos, para levantar grandes edificios onde enlatarnos ("camino de ser ciudad" que dicía algún político) sen que fagamos nada por evitalo.
Hai vai un exemplo desta desfeita, na praza da igrexa.

Seminario: El Ateismo en la España del siglo XXI

SEMINARIO: EL ATEISMO EN LA ESPAÑA DEL SIGLO XXI
Sábado 5 de diciembre de 2009
Desde las 15.30 se procederá a la acreditación de los participantes
15.55 h. Inauguración
16 h. Definición de Ateismo, manipulaciones e interpretación actual. Agnosticismo. Por Joan Carles Marset, Vicepresidente de Ateus de Catalunya
17 h. Historia del ateismo. Por Gabriel García Voltá Profesor de Historia.
18 h. Descanso
18.30 h. Sin laicidad/laicismo no hay democracia, no hay libertad, no hay justicia. Por Gonzalo Puente Ojea, diplomático y escritor
19.30 h. El concordato y los acuerdos entre el Estado Español y las confesiones religiosas Por Luís Vega, Presidente de la Asociación Madrileña de Ateos y Librepensadores
20.30 Reunión de Junta y Presidentes de las organizaciones federadas
21.30 h. Cena de hermandad

Domingo 6 de diciembre de 2009
10 h. La ley de libertad religiosa, necesidad de modificación y planes del Gobierno. Por Francisco Delgado, Presidente de Europa Laica
Taller de organización:
11 h. Organización de la UAL
11.30 h. Contenido de estatutos, legislación de aplicación, tramites, aplicación de la ley de protección de datos. Por Josep Hernández, Secretario de la Associació Valenciana d’Ateus i Lliurepensadors
12 h. Descanso
12.30 h. Finanzas, contabilidad y obligaciones legales. Por Joan Serrano, Tesorero de Ateus de Catalunya
13 h. Relaciones con otras organizaciones. Relaciones internacionales. Por Albert Riba, Presidente de la UAL
13.30 Clausura

Máis info

30/10/09

Perlas Ponteareanas

La Voz de Galicia publica hoy en la sección de comarcas de Vigo la noticia de la convocatoria del concurso Perlas Ponteareanas. Podéis leer la noticia en:
http://http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/10/30/0003_8071971.htm

Cronoloxía e crónica dun (outro) despropósito

21-22 febreiro 2005: Apróbase en pleno o convenio entre o Concello e os propietarios (tres sociedades limitadas): Mediante el os propietarios ceden o terreo (8.000 metros cadrados) onde se vai construír o novo I.E.S. a cambio dunha determinada edificabilidade no terreo restante.
1 marzo 2005: Procédese á sinatura do convenio.
3 xuño 2006: Formalízase a escritura pública de cesión e segregación dos terreos.
13 setembro 2005: Cédese o terreo á Consellería de Educación en acordo plenario.
5 decembro 2005: A Consellería de Economía e Facenda acepta a cesión do terreo.
15 maio 2006: A Comisión superior de Urbanismo da Xunta de Galicia emite informe “... a fin de garantir debidamente o acceso e a seguridade dos usuarios, compre que se complete o proxecto coa debida previsión tanto de acceso rodado o I.E.S. como tamén de acceso peonil, primordialmente dende o casco urbano, alternativo á Estrada Nacional 120”.
25 setembro 2006: A Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial dirixe oficio ó Concello no que establece que as dúas condicións básicas e imprescindibles para a construcción do edificio son garantir os servicios das novas instalacións e o acceso seguro para os usuarios.
12 decembro 2006: Informe favorable ó proxecto pola Comisión Superior de Urbanismo (recomenda sexan adoptadas todas as medidas para impedir o acceso ó colexio desde a nacional 120, agás situacións excepcionais e emerxencias; indica que o proxecto sexa executado levando a cabo o acceso rodado e peonil apoiándose no Colexio público Maestro Sabell Mosquera, facendo uso do camiño público acondicionado e garantido polo Concello. Compre resaltar que nin o camiño nin a nacional 120 lindan directamente coa parcela destinada ó I.E.S.
28 decembro 2006 Informe favorable do Consello da Xunta.
9 decembro 2008 Modifícase o convenio orixinal.
16 setembro 2009: Presentación do curso nos I.E.S. Val do Tea e Pedra de Auga
17 setembro 2009: Comezo das clases nos dous I.E.S.
18 setembro 2009: Xuntanza do profesorado cos pais e nais do alumnado do I.E.S. do Barral; en principio ía haber unha soa reunión (ás 19 h.); a última hora decidiuse que foran dúas (unha ás 17 h. e outra ás 19 h.: ¿manobra de distracción e división?). Preséntanse vontarios/as para formar unha plataforma de afectados/as. Reúnense os pais e nais fora do I.E.S. e quedan para o seguinte día nunha cafetería, alí se conforma de xeito definitivo a plataforma e acórdase comezar a manifestarse a partir dese día e que os rapaces e rapazas non asistan a clase pola tarde. Desde este día os membros da plataforma xúntanse case a diario para decidir as novas accións.
21 setembro 2009: Primeira manifestación desde o I.E.S. Val do Tea ata o Concello, concentración diante do edificio.
22 setembro 2009: Segunda manifestación desde o I.E.S. Val do Tea ata o Concello, concentración diante do edificio.
23 setembro 2009: Terceira manifestación desde o I.E.S. Val do Tea ata o Concello, concentración diante do edificio. Iníciase expediente de expropiación do terreo.
24 setembro 2009: Cuarta manifestación desde o I.E.S. Val do Tea ata o Concello, concentración diante do edificio. Membros da plataforma reciben chamadas para xuntarse cos responsables de Educación en Pontevedra, son citados e citadas para o luns próximo pero optan por forzar unha xuntanza o venres inmediato seguinte.
25 setembro 2009: Xuntanza en Pontevedra da plataforma cos responsábeis de Educación (Secretario Xeral, Xefe Territorial, Delegada da zona, alcalde de Ponteareas...). Trasládanse logo a Ponteareas para buscar locais alternativos para ter clases pola mañá, visitan o Conservatorio municipal... Pola tarde manifestación multitudinaria polas rúas de Ponteareas.
26 setembro 2009: Asamblea dos pais e nais no Parque da Visoureira en Guláns.
28 setembro 2009: Ocúpase o salón de plenos do Concello. Viaxe a Madrid para negociar cos propietarios (as dúas promotoras que non cedían o terreo, unha xa accedera desde o principio, ante a perspectiva da expropiación recuaron e chamaron á outra parte para negociar).
29 setembro 2009 Segue ocupado o Concello. Convócase pleno para desistir da expropiación.
30 setembro 2009 Última noite de ocupación do Concello.
1 outubro de 2009 Äs oito trinta da mañá celébrase o pleno e desístese oficialmente da expropiación, comezan as obras no I.E.S. e se deixan libres as dependencias municipais.
7 outubro 2009 Comezan as clases no I.E.S. Perdéronse en total trece días de clase.

28/10/09

Xornadas contra a banca

O sábado 7 de novembro ás 11:30h da mañá no cruce de Príncipe con Colón (na Farola), faremos un acto de rúa contra a Banca.

O sábado 14 charla ás 20:30h na Cova dos Ratos, a cargo de Francisco Ferrer do seminario Taifa de Economía Crítica de Barcelona "Antecedentes e xestación da Crise actual".

O sábado 21 charla ás 20:30h na Cova, Mesa Redonda "Investimentos da Banca "convencional" (Amarante), "Pasado, presente e futuro da loita sindical na Banca" (CXT) e "Iniciativas de troco en Galiza" (Vigotroca).

O sábado 28 charla ás 20:30h na Cova, "A Banca na destrucción do territorio" a cargo de Luita Verde do Morrazo e Reganosa Demolizón de Ferrol.

Organizan: Amarante, Asociación Caleidoskopio, C.S. "A Formiga", CGT, Oficina de Dereitos Sociais de Coia, Grupo Axitación Social e Verdegaia.

10/10/09

1º Concurso "Perlas Ponteareanas"

BASES DO CONCURSO DE PERLAS PONTEAREANAS
  • O presente certame ten como obxecto coñecer e difundir as Perlas Ponteareanas, para fomentar a acción crítica dos cidadáns e a protesta.

  • Entendemos como Perlas Ponteareanas as chapuzas, peculiaridades, curiosidades ou actuacións deste concello sen par. Podes ver algunha desas perlas, para que che sirva de exemplo, accedendo ó noso blog (http://www.lumenegro.blogspot.com/).

  • Poderán presentarse a este certame fotografías, audios, vídeos, textos, debuxos, etc., que garden relación co Concello de Ponteareas e que poidan calificarse como Perlas Ponteareanas. Á perla que envíes, sexa cal sexa o seu formato, se queres podes engadirlle un comentario, un pe de foto, un texto explicativo, etc.

  • Cada participante individual ou colectivo poderá enviar cantos documentos desexe. As perlas serán enviadas cun pseudónimo e cunha maneira de contacto (correo electrónico e/ou teléfono) ó correo electrónico do Ateneo (lumenegro@yahoo.es). De non ser posible, o participante poñerase en contacto co Ateneo a través do correo para acordar a forma de entrega.

  • O prazo de envío de Perlas Ponteareanas será ata o día 31 de decembro de 2009.

  • O xurado que decidirá que perla é a gañadora será a asemblea do Ateneo.

  • O resultado deste concurso coñecerase o día 31 de xaneiro de 2010.

  • O premio será modesto porque o noso orzamento non é tan grande coma o que ten este concello, aínda que tampouco témo-la mesma cantidade de débedas. Consistirá nun lote de libros e camisetas do Ateneo.

  • O material presentado seguirá sendo propiedade do participante, pero o Ateneo poderá facer uso del.