25/4/13

PonteDocu de Maio

Este xoves día 2 de Maio, ás 21.00 horas, no Enigma café-bar teremos unha nova proxección do Pontedocu.
Desta vez veremos o documental “Doli, doli, doli... coas conserveiras. Rexistro de Traballo" de Uqui Permui.

5/4/13

Perla Ponteareana


Paseando por diante do concello atopeime unha nova modalidade de sinal de tráfico, ou polo menos iso parece porque eu non sei que significa no código de circulación un sinal redondo e todo de cor vermello.
Quizá poida significar  perigo!!, que chegamos ao concello e que teñamos coidado porque poden estar a saír os concelleiros pola xanela, ou talvez non signifique nada e simplemente como son uns vagos por non afrouxar dúas porcas e quitar un sinal de dirección prohibida, pintárono de vermello  e  xa esta.

Enviado por: A Ladilla do Tea.

2/4/13

PonteDocu de Abril


Este xoves día 4 de abril, ás 21.00 horas, no Enigma café-bar teremos unha nova proxección do Pontedocu.
Desta vez veremos o documental “Mate y Arcilla” sobre a antiga fábrica de Zanon, hoxe convertida na cooperativa FASINPAT (Fábrica sen patrón).