25/2/10

19/2/10

The Love Police

Con un activismo de base, las performances de The Love Police (La Policía del Amor) esperan poder despertar a la gente de su "realidad", de la matriz creada por el triangulo amoroso Gobiernos - Medios de Comunicación - Corporaciones.
Más información: http://www.lahaine.org/index.php?p=5934

18/2/10

Nova Perla Ponteareana


Enviada por Javier Álvarez

FORO-MESA REDONDA: O SECTOR FORESTAL A DEBATE

TEMAS A TRATAR NO FORO-MESA REDONDA

Os temas a tratar neste foro-mesa redonda son:
• Micoloxía (cultivo de cogumelos e especies adaptadas ós nosos montes).
• Productivo madeireiro (selvicultura e tipos de aproveitamentos madeireiros).
• Aproveitamento gandeiro (razas autóctonas de gando como as vacas Cachenas e o porco Celta).
• Producción de madeiras nobles, froita e biomasa (especies arbóreas a empregar así como a selvicultura óptima para elo, aproveitamento de restos de corta para producción de enerxía térmica, eléctrica).
• Ocio e cultura (áreas recreativas, aulas de natureza, rutas de sendeirismo, parques forestais, etc.).
• Aproveitamento ecolóxico (conservación da diversidade de especies de flora e fauna, fundamentais para o mantemento dos ecosistemas forestais como patrimonio ambiental dos nosos montes)
• Alternativas varias (compostaxe de residuos forestais, enerxías renovables como a eólica, biogás, etc.)

12/2/10

A reviravolta das PPes

A semana pasada publicouse no Faro de Vigo a cantidade de euros que se van gastar no concello a conta da Diputación. O que nos deixou coa boca aberta foi saber que se van gastar máis de 37000 euros nunha pista de pádel, como sabedes, un deporte practicado pola gran maioría dos ponteareáns.
Supoñemos que non hai ningunha obra máis prioritaria no pobo e que tódalas parroquias están servidas, polo que a urxencia é obvia: para que os parados teñan unha distracción. Por iso propoñemos este logo para que o poñan na entrada da futura pista.
Se queredes ver a noticia pinchade neste enlace: http://www.farodevigo.es/comarcas/2010/02/04/diputacion-aporta-190000-euros--obras-prioritarias-ponteareas/408714.html


11/2/10

Solidariedade cos tres do Eixo

Esta é unha mensaxe da Plataforma polo indulto dos tres do Eixo:
Podedes conhecer un pouco máis da súa historia no blog de solidariedade cos tres do Eixo

Neste momento teñen que facer fronte ao desembolso de 35.000 € en concepto de xuros de mora, que se suman ás importantes cantidadades que xa tiveron que pagar. Esta situación é absolutamente insostible para a súa economía e están abocados a un inminente embargo das súas vivendas e salarios se non satisfacen este pagamento en dez días. É, pois, moi urxente a solidariedade de todos nós para que isto non aconteza.

Pedimos a vosa colaboración para difundir a campaña “35.000 para os 3 do Eixo”, así como as achegadas individuais e colectivas na conta de Caixa Galiza 2091 0348 12 3040012185

Nesta páxina podedes atopar os banners para difundir esta camapaña nas vosas webs e blogs persoais. É imprescindíbel tamén a difusión desta mensaxe entre as vosas amizades via: SMS, correo-e, teléfono, twitter, facebook…

Para calquera aclaración, dúbida ou suxestión podedes contactarnos no enderezo ostresdoeixo@gmail.com

Agradecemos por anticipado a vosa solidariedade.

PLATAFORMA POLO INDULTO DOS 3 DO EIXO