31/1/10

Xa temos a Perla Ponteareana gañadora!

Pode parecer un tópico, pero é a realidade: a elección da Perla Ponteareana gañadora foi moi difícil, xa que todas, sen excepción, son xeniais e merecían o seu premio. Pero as bases esixen elixir a gañadora. E na elección quixemos ter en conta, para solventar o empate técnico, non só a calidade e mordacidade da Perla, senón tamén o feito de que o seu autor enviase varias candidatas.

Queremos agradecer de novo ós autores a súa participación neste concurso e incitalos a que nos sigan enviando tódalas perlas que queiran para expoñelas no noso blog, xa que do que se trata é de fomentar a visión crítica de canto nos rodea e de divulgar as chafalladas e despropósitos deste concello sen par.

Esperamos que o Concello tome boa nota e arranxen tódalas cousas reflectidas nas perlas concursantes e que non sigan polo mesmo camiño (facendo chapuza tras chapuza); pero se isto segue así non nos quedará máis remedio que convocar o 2º Concurso de Perlas Ponteareanas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario