28/5/13

Galicia è unha mina... ou un campo de minas?

A MINEIRÍA ATACA TODA GALICIA
DEFENDÁMONOS!

Galicia enteira está afectada: A Coruña (As Fragas do Eume, Corcoesto....), Lugo (A Terra Cha, A Fonsagrada....) , Ourense (Viana do Bolo, Quiroga, A Limia, O Ribeiro, Casaio ......... ) Pontevedra ( Forcarei, Vila de Cruces, A Groba, O Galiñeiro....).

Son minas a ceo aberto buscando ouro, plata, cobre, tantalio, columbita, seixo, feldespato, andalucita, Terras Raras....

En Corcoesto o método previsto para a extracción está prohibido na Unión Europea, pero aquí da o mesmo, pretenden utilizar cianuro! A expropiación faise forzosa e o precio do terreo, terreo en produción agricola e gandeira, márcano en pouco maís de un euro o metro cadrado. Se pasamos por esta aos demáis farannos o que lles pete.

A Consellería de Industria co lema "Galicia é unha mina" e as empresas canadianas co capital suizo darán cabo de nós se non lles facemos fronte. Este é un ataque ao territorio sen parangón, un ataque a nós, un golpe de morte ao medio natural, é a destrución de centos de postos de traballo, é a anulación do noso desenvolvemento social.....

Temos que opoñernos. Xuntas e xuntos podemos!

MANIFESTACIÓN
O DOMINGO 2 DE XUÑO
EN COMPOSTELA
ÁS 12 DA MAÑÁN NA ALAMEDA

Haberá autobuses dende Vigo e dende o Miñor.
Custa 8 €, e o percorrido e horario para coller á xente son os que siguen:
  • Na Ramallosa (ao pé da capela da alameda) ás 9.15.
  • En Nigrán (diante da casa do Concello) ás 9.25
  • Nas Travesas (diante do Sta. Irene) ás 9.45
  • Na Praza de España (na parada dos autobuses) ás 9.50
  • A volta é ás 4 da tarde.
    Por favor, reserva con tempo a túa praza.
    No teléfono 698 159 764 (Tereixa)
    No enderezo serradogalinheiro@gmail.com

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario