5/4/13

Perla Ponteareana


Paseando por diante do concello atopeime unha nova modalidade de sinal de tráfico, ou polo menos iso parece porque eu non sei que significa no código de circulación un sinal redondo e todo de cor vermello.
Quizá poida significar  perigo!!, que chegamos ao concello e que teñamos coidado porque poden estar a saír os concelleiros pola xanela, ou talvez non signifique nada e simplemente como son uns vagos por non afrouxar dúas porcas e quitar un sinal de dirección prohibida, pintárono de vermello  e  xa esta.

Enviado por: A Ladilla do Tea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario