7/6/12

Valoración das V Tardes Libertarias

Pasada a nosa V Tarde Libertaria compre facer unha valoración dos seus resultados, e compre en primeiro lugar deixar claro que esas tardes que sempre foron dúas e plurais foi esta vez unha e singular contra a nosa vontade: por motivos que aínda non coñecemos un dos grupos cuxa presenza estaba prevista e comprometida desde hai dous ou tres meses, deixou de contestar os nosos correos, e, ao final, non asistiu, unha das dúas tardes quedou truncada e tivemos que organizar a programación en función deste imprevisto.


Houbo ademais outro problema nestas tardes, veu dado pola negativa do Concello a ceder o auditorio de xeito gratuíto á persoa que o solicitou no noso nome. Nós entendemos que como veciños temos dereito a usar un local público sen contrapartida económica cando non nos move lucro de ningunha clase, iso foinos negado; o concello entende que temos que pagar, argumente o que argumente (aínda non temos resposta oficial e por escrito a nosa reclamación, nela solicitabamos tamén como local alternativo e gratuíto o salón de plenos), parécenos fora de lugar non concedérmolo e talvez o asunto non remate aquí. O caso é que coa amabilidade dos propietarios do que foi o Enigma Café Bar, resolvemos ese atranco e tivemos local e tarde libertaria.

A valoración do resultado, non obstante, é moi positiva, o nivel dos grupos nas súas exposicións deixámolo en excelente; consideramos un acerto ter escollido grupos que traballan no noso entorno máis inmediato, non só porque responde á nosa filosofía de que non vale tanto incidir en asuntos que quedan lonxe como tratar de facelo nos lugares polos que se move cada quen, iso puido ter influído na asistencia, que estivo preto das nosas mellores expectativas, e o feito de que na asemblea teñamos analizado algúns aspectos (protocola-rios ou de organización, pero de non moito calado) acaso mellorables, non quita brillantez a esta tarde algo accidentada na súa xestación pero que foi vivida con ganas e con ilusións renovadas como non podía ser doutra forma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario