23/9/09

O Concello de Ponteareas endebedado

Dende fai xa moito tempo sabiamos que a situación económica do noso Concello non era moi boa. Esta mesma semán coñeciamos a través da prensa que a Deputación embarga parte do plan de obras a Ponteareas por débedas previas.

Esta situación de endebedamento queda reflectida nun recente informe do Consello de Contas de Galicia. O Informe que leva por título “Informe da Conta Xeral das Corporacións Locais de Galicia. Exercicio 2006. Consello de Contas de Galicia”, indícanos que o concello ponteareán ten un índice de endebedamento con respecto ós seus ingresos correntes no exercicio 2006 de…. máis do 254%!

Nos seguintes cadros extraídos do devandito informe podemos ver como no concello hai un aforro neto negativo e remanentes de tesourería tamén negativos. Neste senso, no informe do Consello de Contas (entidade nada sospeitosa de radicalismo) indica que “É necesario vixiar a xestión de determinadas entidades básicas (Deputacións e Concellos), porque a súa solvencia financeira está comprometida. Por un lado a solvencia financeira a curto prazo ao se rexistrar remanentes de tesouraría negativos e por outro a solvencia financeira a longo prazo, por rexistrarse un aforro neto tamén negativo.” Se cadra, os responsables de que Ponteareas chegase a ter este nivel de endebedamento terían que asumir responsabilidades.


No hay comentarios:

Publicar un comentario