29/1/11

CONCURSO DE PERLAS PONTEAREANAS

Non, nesta casa non naceu Fermin Bouza Brey, naceu neste lugar, nunha casa que, como a maioría da praza maior, desapareceu para deixar paso a un edificio.
E si tiveramos a dubida: puideron colocala na súa casa e despois trasladala para o edificio que hoxe ocupa o seu lugar? A resposta témola na data de colocación 31 de marzo de 2001, é dicir, colocouse neste edificio, cando xa non existía a súa casa.

A ladilla do Tea.

Sobre a macroplanta de biomasa en Ribadetea


Fai unhas semanas, en pleno nadal, atopámonos coa nova de que se proxectaba instalar unha macroplanta de 10 MW de potencia (o máximo permitido pola lexislación autonómica) na aldea de Ribadetea. Esta instalación está plantexada para producir electricidade que verquer á rede, sendo ésta unha actividade moi subvencionada que pagamos entre todas e todos.
Como podedes ver na imaxe, a planta de biomasa estaría situada a unhas poucas ducias de metros das vivendas da Freixa e dos núcleos de Ribadetea, co que os impactos poderían ser terribles, tanto para os veciños e veciñas da aldea e da comarca como para o río Tea. Nestes pasados días houbo un aluvión de alegacións contra esta planta e a xente comeza a organizarse para evitar a instalación no lugar proxectado.
Veremos como evolucionan os acontecementos nas vindeiras semanas.



21/1/11

El origen de las migraciones modernas 1/2


¡Ojalá nos dieran explicaciones tan sencillas y claras como las que da este señor!.
Vídeo altamente recomendable para los que dicen no ser racistas, pero...

El origen de las migraciones modernas 2/2

18/1/11

Os nenos botan, non votan

Cando os nenos regresaron ao colexio despois das vacacións de Nadal, atopáronse con que o concello tiña un agasallo para todos eles, un calendario do ano 2011. Dito calendario á parte de levar os debuxos gañadores dun concurso, inclúe foto e mensaxe do tenente alcalde (alias Limpillo).
Isto non sería noticia se fose un costume tódolos anos. Pero como é a primeira vez que se fae e estamos a catro meses das eleccións municipais, isto dá moito que pensar....
O peor é que o concello diga que non hai diñeiro cando se demanda unha solución aos moitos problemas que teñen os colexios deste pobo, que non son poucos.


Tamén se deixa ver o eficaces e eficientes que son. Fan un calendario que comeza coa mensaxe “Achéganse as festas do Nadal…”. E entrégano en xaneiro.
Que podemos esperar?
A resposta dánola o xornal La Voz de Galicia o día 12 de xaneiro : http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/01/12/0003_8959367.htm

"Peligra el suministro de luz de 1.500 escolares de Ponteareas por ilegal.
La firma amenaza con cortar el servicio porque se consume el doble de la potencia contratada"
Sen máis comentarios.

14/1/11

2º Concurso de Perlas Ponteareanas

BASES:
  • O presente certame ten como obxecto coñecer e difundir as Perlas Ponteareanas, para fomentar a acción crítica dos cidadáns e a protesta.
  • Entendemos como Perlas Ponteareanas as chapuzas, peculiaridades, curiosidades ou actuacións deste concello sen par. Podes ver algunha desas perlas, para que che sirva de exemplo, accedendo ó noso blog: http://lumenegro.blogspot.com.
  • Poderán presentarse a este certame fotografías, audios, vídeos, textos, debuxos, etc., que garden relación co Concello de Ponteareas e que poidan calificarse como Perlas Ponteareanas. Á perla que envíes, sexa cal sexa o seu formato, se queres podes engadirlle un comentario, un pe de foto, un texto explicativo, etc.
  • Cada participante individual ou colectivo poderá enviar cantos documentos desexe. As Perlas serán enviadas cun pseudónimo e cunha maneira de contacto (correo electrónico e/ou teléfono) ó correo electrónico do Ateneo: lumenegro@yahoo.es. De non ser posible, o participante poñerase en contacto co Ateneo a través do correo para acordar a forma de entrega.
  • O prazo de envío de Perlas Ponteareanas comenza o 15 de xaneiro e remata o 31 de marzo de 2011.
  • O xurado que decidirá qué perla é a gañadora será a asemblea do Ateneo.
  • O resultado deste concurso coñecerase o día 15 de abril de 2011.
  • O premio será modesto porque o noso orzamento non é tan grande coma o que ten este concello, aínda que tampouco témo-la mesma cantidade de débedas. Consistirá nun lote de produtos do Ateneo e unha suscrición durante un ano ó Xornal alternativo Diagonal.
  • O material presentado seguirá sendo propiedade do participante, pero o Ateneo poderá facer uso del.