
Xa podedes ir a ver a exposición do 1º Concurso de Perlas Ponteareanas
Pode parecer un tópico, pero é a realidade: a elección da Perla Ponteareana gañadora foi moi difícil, xa que todas, sen excepción, son xeniais e merecían o seu premio. Pero as bases esixen elixir a gañadora. E na elección quixemos ter en conta, para solventar o empate técnico, non só a calidade e mordacidade da Perla, senón tamén o feito de que o seu autor enviase varias candidatas.
Queremos agradecer de novo ós autores a súa participación neste concurso e incitalos a que nos sigan enviando tódalas perlas que queiran para expoñelas no noso blog, xa que do que se trata é de fomentar a visión crítica de canto nos rodea e de divulgar as chafalladas e despropósitos deste concello sen par.
Esperamos que o Concello tome boa nota e arranxen tódalas cousas reflectidas nas perlas concursantes e que non sigan polo mesmo camiño (facendo chapuza tras chapuza); pero se isto segue así non nos quedará máis remedio que convocar o 2º Concurso de Perlas Ponteareanas.


Unhas cantas fotografias a propósito do novo "aparcamento" habilitado na rúa Rosalía de Castro, á altura do número 13. Énchese de auga cando chove, e a árbore que deixaron no medio caeu, non enriba de ninguén máis segue aí no mesmo lugar onde tocou o chan.Campo de futbol del colegio en el mas absoluto abandono.. Nuestros hijos no merecen esto... Tomada ayer dia 11 12 09
Contemplando as “fermosas” fachadas da Praza Maior topei este sinal. Normalmente, os sinais de vado póñense nas portas das garaxes, pero aquí póñense a modo de lápida usando o “xardín” da praza. Non ten moito sentido nun sitio onde nin se pode circular nin aparcar, salvo que os condutores non respecten o carril habilitado e o aparcadoiro (como amosa a fotografia). Por iso as “autoridades” municipais, en vez de facer cumprir as normas que eles mesmos nos impuxeron, soluciónalo poñendo este sinal (supoñendo que fosen eles os que a colocaron, e non un veciño farto de non poder entrar na súa casa).