29/12/09

grupo BAH

Perlas Ponteareanas



Esta perla refírese a unha aportación lexicográfica do Concello de Ponteareas: O Aditorio.

Enviada por "O escorpión da Canhiza"

Perlas Ponteareanas









A que faltaba

enviada por "lumegeiras"

Perlas Ponteareanas

Foto do carril-bici existente en Ponteareas na parroquia de Pías. Cando reformaran a estrada que vai a Mondariz, prometeran un carril bici, tardaron en facelo, pero ó final cumpriron(!). Aínda que máis ben habería que chamarlle "carril-montainbike". Como vin que vos mandaran un vídeo, tamén vos envío este sobre o casco vello de Ponteareas. Da verdadeira mágoa comprobar o abandono no que se atopa, se non botan man del, dentro de pouco non existiran estas casas que tanta historia teñen.


Enviada por "Celtista"

24/12/09

Perlas Ponteareanas

O Concello de Ponteareas volta a sorprendernos e a converterse na vangarda mundial. A novidosa iniciativa Ponteareán consiste nunha nova técnica para facer máis fermosos os nosos lugares de lecer. Neste caso, as mentes pensantes gobernantes ponteareáns, decidiron inxeniar un novo concepto: unha pequena piscina-xardín!!. Sí, nun principio facemos unha piscina e debido á súa inutilidade pois "creamos" un "agradable xardín". Podemos observar este achegamento á xardinería mundial na Freixa.
Enviado por Castinheiro.

22/12/09

MANIFESTACIÓN CONTRA O DESALOXO DAS ATOCHAS (A Corunha)

O SÁBADO 26 DECEMBRO
ás 17. oo horas no Campo da Leña (A Corunha) as compas da Casa das Atochas convocan unha manifestación contra o desaloxo do Local Social.

Sobre o Decrecemento

Vai un video en dúas partes sobre as teorías do Decrecemento.



20/12/09

...E SEGUEN CHEGANDO PERLAS



Unhas cantas fotografias a propósito do novo "aparcamento" habilitado na rúa Rosalía de Castro, á altura do número 13. Énchese de auga cando chove, e a árbore que deixaron no medio caeu, non enriba de ninguén máis segue aí no mesmo lugar onde tocou o chan.
A seguinte foto foi tomada na parte traseira da facenda ponteareana, se callar non mediron ben a baranda, vendo que non quedaba moi profesional e que resultaría perigoso se alguén metera o pe no buraco solucionárono cunha reixiña metálica...........

Nas seguintes observamos o cartaz do parque das pombas, no que aparece unha especie de masaxeador, máis achegándonos ó aparello en cuestión algo non remata de convencernos....




A derradeira foto vai dedicada ó flamante vehículo nissan patrol adquirido pra a inexistente protección civil ponteareana, xa de estar parado nunha garaxe atopóuselle unha nova vida como vehículo do departamento de tráfico e changadas varias.

Enviadas por "Josele"

15/12/09

Otras dos Perlitas


Baixada e subida para persoas discapacitadas... vexetacion variada.
Enviadas por Pirrakas

Más Perlas Ponteareanas

Escenas del vídeo: "Ponteareas, La Villa Olvidada...".
Es de hace algun tiempo, y algunas de las cosas ya estan "arregladas" ... pero desgraciadamente otras siguen IGUAL... Algun dia haremos las fotos de las Perlas Bonitas... pero antes QUE los IRRESPONSABLES POLITICOS en el poder Ponteareas SOLUCIONEN las PERLAS que mandan los concursantes.

Enviado por Bugam.

Campo de futbol del colegio en el mas absoluto abandono.. Nuestros hijos no merecen esto... Tomada ayer dia 11 12 09

4/12/09

Magosto Antimilitar en Vigo


As compas do espazo aberto antimilitar organizan o sábado 12 deste mes de decembro ás 6 na praza da princesa de Vigo este magosto reinvindicativo.

2/12/09

O monte é noso!



O conflito dos/as vecinhas de Salcedo volta a traer á actualidade o interesantísimo documentario O Monte é noso.
Por certo, non vos perdades a parte na que se fala de Oliveira.