11/2/10

Solidariedade cos tres do Eixo

Esta é unha mensaxe da Plataforma polo indulto dos tres do Eixo:
Podedes conhecer un pouco máis da súa historia no blog de solidariedade cos tres do Eixo

Neste momento teñen que facer fronte ao desembolso de 35.000 € en concepto de xuros de mora, que se suman ás importantes cantidadades que xa tiveron que pagar. Esta situación é absolutamente insostible para a súa economía e están abocados a un inminente embargo das súas vivendas e salarios se non satisfacen este pagamento en dez días. É, pois, moi urxente a solidariedade de todos nós para que isto non aconteza.

Pedimos a vosa colaboración para difundir a campaña “35.000 para os 3 do Eixo”, así como as achegadas individuais e colectivas na conta de Caixa Galiza 2091 0348 12 3040012185

Nesta páxina podedes atopar os banners para difundir esta camapaña nas vosas webs e blogs persoais. É imprescindíbel tamén a difusión desta mensaxe entre as vosas amizades via: SMS, correo-e, teléfono, twitter, facebook…

Para calquera aclaración, dúbida ou suxestión podedes contactarnos no enderezo ostresdoeixo@gmail.com

Agradecemos por anticipado a vosa solidariedade.

PLATAFORMA POLO INDULTO DOS 3 DO EIXO

No hay comentarios:

Publicar un comentario