- O presente certame ten como obxecto coñecer e difundir as Perlas Ponteareanas, para fomentar a acción crítica dos cidadáns e a protesta.
- Entendemos como Perlas Ponteareanas as chapuzas, peculiaridades, curiosidades ou actuacións deste concello sen par. Podes ver algunha desas perlas, para que che sirva de exemplo, accedendo ó noso blog (http://www.lumenegro.blogspot.com/).
- Poderán presentarse a este certame fotografías, audios, vídeos, textos, debuxos, etc., que garden relación co Concello de Ponteareas e que poidan calificarse como Perlas Ponteareanas. Á perla que envíes, sexa cal sexa o seu formato, se queres podes engadirlle un comentario, un pe de foto, un texto explicativo, etc.
- Cada participante individual ou colectivo poderá enviar cantos documentos desexe. As perlas serán enviadas cun pseudónimo e cunha maneira de contacto (correo electrónico e/ou teléfono) ó correo electrónico do Ateneo (lumenegro@yahoo.es). De non ser posible, o participante poñerase en contacto co Ateneo a través do correo para acordar a forma de entrega.
- O prazo de envío de Perlas Ponteareanas será ata o día 31 de decembro de 2009.
- O xurado que decidirá que perla é a gañadora será a asemblea do Ateneo.
- O resultado deste concurso coñecerase o día 31 de xaneiro de 2010.
- O premio será modesto porque o noso orzamento non é tan grande coma o que ten este concello, aínda que tampouco témo-la mesma cantidade de débedas. Consistirá nun lote de libros e camisetas do Ateneo.
- O material presentado seguirá sendo propiedade do participante, pero o Ateneo poderá facer uso del.
10/10/09
1º Concurso "Perlas Ponteareanas"
BASES DO CONCURSO DE PERLAS PONTEAREANAS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario