24/5/12
19/5/12
V Tardes Libertarias. 26 Maio 2012
26/4/12
12/4/12
11/4/12
Espazo Aberto Antimilitar: Campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares
Dende o Espazo volvemos a promover outro ano máis a campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares, que este ano centramos na industria militar: "Pola mesma razón que a industria do turismo necesita turistas, a industria armamentística precisa das guerras, dos conflitos e das amenzas á seguridade para colocar os seus produtos; necesita violencia, medo e mortos"Deste xeito o venres 13 de abril convidamos a que asistades á charla-presentación que leva por título: "Industria militar, un negocio sen crise". Contaremos coa presenza de Jordi Calvo, membro do "Centre d'Estudis per a la Pau JM Delás de Justicia i Pau" que presentará o último informe "La banca armada. Inversiones explosivas de bancos y cajas" ademais de nos falar do negocio da guerra no estado español.
Ademais o acto servirá para presentar a campaña 2012 pola OF aos Gastos Militares que lanzamos dende o Espazo Aberto Antimilitar.
O acto será o venres 13 abril ás 20h00 na Cova dos Ratos (Romil 3 baixo - Vigo)
2/4/12
25/3/12
Novos conflitos coas plantas de biomasa para producir electricidade

Os proxectos de plantas de biomasa para producir electricidade están a xerar conflitos e o de Ponteareas non é o único. Outra das plantas proxectadas no concurso resolto no 2010, a localizada en Barro-Meis (Pontevedra) tamén está a provocar conflitividade social mediante a oposición de comuneiros/as afectados/as pola planta.
Noutros lugares do estado como Catalunya tamén se están a producir importantes conflitos sociais como podemos ver nesta nova.
Como en Barro, Meis, Catalunya e noutros lugares desde o Ateneo continuaremos informando e loitando contra estes macroproxectos que só benefician ás empresas eléctricas e que afectarían de xeito moi negativo ao noso entorno e á nosa saúde.
19/3/12
La Pepa
Hoy los poderes vigentes celebran por todo lo alto el 200 aniversario de la Constitución de Cádiz. La consideran "el primer código político a tono con el movimiento constitucionalista europeo contemporáneo, de carácter novedoso y revolucionario, que establecía por primera vez la soberanía nacional y la división de poderes, como dos de sus principios fundamentales". También, dicen, estableció la libertad individual, la libertad de prensa y la inviolabilidad del propio domicilio.
¿Sabías que:
- “la Pepa” inició el proceso privatizador de los bienes y tierras comunales del mundo rural?
- impuso el servicio militar obligatorio?
- negó personalidad jurídica al concejo abierto (asambleas de los pueblos)?
- elevó colosalmente los impuestos pagados por la gente?
- extinguió los sistemas de gobiernos propios de Andalucía y abolió los fueros territoriales?
- creó la Milicia Nacional; sabes que hizo este cuerpo de policía militarizada?
- abolió la autonomía del municipio?
- creó jurídicamente la propiedad privada absoluta y trajo la expansión del trabajo asalariado como la forma dominante de ganarse la vida?
- reforzó a Madrid como Urbe centralizadora e impulsó la imposición del castellano por toda la península?
- levantó enorme oposición en el mundo rural?
Como vacuna ante este virus manipulativo, os recomiendo que veáis este vídeo realizado por Félix Rodrigo Mora.
16/3/12
Valoración da charla de Pedro García Olivo

O venres da semana pasada, no local social O Fresco, o Ateneo Lume Negro celebrou unha charla, na que o invitado era o sempre polémico Pedro García Olivo. O título elixido era “Enemigos de la escuela por amor a la educación. El inter-texto anti-pedagógico”, na que falaba sobre outras modalidades educativas, como a xitana, a indíxena e a rural-marxinal, utilizando os aspectos positivos de ditas alternativas para criticar o modelo educativo occidental en xeral.
En canto á charla propiamente dita, cremos que se pode facer unha valoración moi positiva, tanto dende unha perspectiva estrutural como argumental, independentemente do punto de vista e opinión de cada quen. En calquera caso, cómpre ter en conta que o tema en cuestión é bastante complexo como para condensalo nunha hora e pico que foi o que durou.
O número de asistentes foi inesperadamente elevado, de feito houbo xente que tivo que quedar de pé o tempo todo debido á falta de sillas; nalgúns momentos a calidade do son non foi a mellor por ruídos e interferencias varias, causas alleas á nosa vontade que escapaban á nosa capacidade de organización. Con todo, e a pesar das circunstancias, dende o Ateneo Lume Negro facemos unha valoración positiva do acto en xeral.
Queremos aproveitar esta ocasión para manifestarlles o noso agradecemento tanto ó colectivo O Fresco, que puxo á nosa disposición o seu local, como a tódolos asistentes, que coa súa asistencia e participación fixeron posible a celebración desta charla.
Así mesmo, tamén queremos amosar a nosa gratitude a Unión Libertaria por ofrecernos a oportunidade de poder a traer de novo a Ponteareas a P. G. Olivo, a quen tamén lle agradecemos a súa disposición e xenerosidade ó compartir con nós as súas inquietudes.
OS "AXUSTES ANTICRISE" A DEBATE
Cun primeiro horizonte de mobilización na folga xeral do 29 de marzo, a Iniciativa Popular pola Folga Xeral organiza unha mesa aberta co seguinte título:Os "axustes anticrise" a debate.
- Nova reforma laboral. Recorte de dereitos no ámbito do traballo. Falará Isidro Román (militante sindical).
- Recorte de prestacións sociais. Falará Diego Lores (ODS-Coia http://odscoia.arkipelagos.net/).
Será o sábado 17 de marzo ás 20:30h no Centro Social "A Cova dos Ratos" (rúa Romil 3 Baixo -Vigo-)
2/3/12
Charla-Coloquio con PEDRO GARCÍA OLIVO. 9 de marzo de 2012

23/2/12
14/2/12
BALTASAR GARZÓN, UN DEMOFASCISTA
Ahí os dejo dos enlaces de sendos artículos sobre BALTASAR GARZÓN, mostrando su cara, digamos, más oscura:
BALTASAR GARZÓN: GAVILÁN Y PALOMA, de Manuel F. Trillohttp://lahaine.org/espana/baltasar_paloma.htm
GARZÓN, LA TORTURA, LA IZQUIERDA Y EL DINERO, de Félix Rodrigo Mora
10/2/12
Fraga gana???
Vai unha "perla nostálxica" que ven moi a conta da actualidade destas últimas semanas.......
Esta perla, enviada polo escorpión da Canhiza, trasládanos probablemente ás eleccións do ano 1977, mais tamén a un novo exemplo de reutilización rural da propaganda electoral......podemos visualizar esta imponente perla moi perto da Moscadeira.
6/2/12
Cinco canciones para Don Manuel. Al Darrera La Nevera/Rebelión
Ahora que ha fallecido hay que a escuchar y cantar las canciones que hablan de estas muertes: Julián Grimau, Enrique Ruano, Salvador Puig i Antich, Juan Paredes Manot 'Txiki', Ángel Otaegi, José Luis Sánchez Bravo, Ramón García Sanz, Humberto Baena... y tantos otros. Como inmortalizó Lluís Llach en Campanadas a mort, "les perseguirán nuestras memorias para siempre".
http://www.rebelion.org/noticias/espana/2012/1/cinco-canciones-para-don-manuel-143256
http://blocs.mesvilaweb.cat/node/view/id/212829
3/2/12
O concello de Ponteareas e a biomasa...
O concello de Ponteareas ten anunciado a bombo e platillo o proxecto Silvaplus . Sen embargo nada sabiamos ate o de agora das cantidades do proxecto nin moito menos dos compromisos adquiridos polo noso concello. Desde o Ateneo acabamos de descubrir que o concello vai a cobrar 84.000 euros por...porque?? por "apoiar" o emprego da biomasa para producir electricidade? por "apoiar" o macroproxecto enerxético que se pretende isntalar no noso concello? por "apoiar" o emprego masivo dos cultivos enerxéticos nos montes do condado?? No seguinte enlace podedes atopar información sobre as cantidades e os socios do proxecto Silvaplus Se cadra agora comezamos a entender o interese do concello e o oscurantismo que está desenvolver en todo o relacionado co proxecto de biomasa que tanto dano faría á veciñanza, ao río e aos nosos montes.....














