25/3/12

Novos conflitos coas plantas de biomasa para producir electricidade


Os proxectos de plantas de biomasa para producir electricidade están a xerar conflitos e o de Ponteareas non é o único. Outra das plantas proxectadas no concurso resolto no 2010, a localizada en Barro-Meis (Pontevedra) tamén está a provocar conflitividade social mediante a oposición de comuneiros/as afectados/as pola planta.

Noutros lugares do estado como Catalunya tamén se están a producir importantes conflitos sociais como podemos ver nesta nova.

Como en Barro, Meis, Catalunya e noutros lugares desde o Ateneo continuaremos informando e loitando contra estes macroproxectos que só benefician ás empresas eléctricas e que afectarían de xeito moi negativo ao noso entorno e á nosa saúde.

19/3/12

La Pepa

Hoy los poderes vigentes celebran por todo lo alto el 200 aniversario de la Constitución de Cádiz. La consideran "el primer código político a tono con el movimiento constitucionalista europeo contemporáneo, de carácter novedoso y revolucionario, que establecía por primera vez la soberanía nacional y la división de poderes, como dos de sus principios fundamentales". También, dicen, estableció la libertad individual, la libertad de prensa y la inviolabilidad del propio domicilio.

¿Sabías que:
- “la Pepa” inició el proceso privatizador de los bienes y tierras comunales del mundo rural?
- impuso el servicio militar obligatorio?
- negó personalidad jurídica al concejo abierto (asambleas de los pueblos)?
- elevó colosalmente los impuestos pagados por la gente?
- extinguió los sistemas de gobiernos propios de Andalucía y abolió los fueros territoriales?
- creó la Milicia Nacional; sabes que hizo este cuerpo de policía militarizada?
- abolió la autonomía del municipio?
- creó jurídicamente la propiedad privada absoluta y trajo la expansión del trabajo asalariado como la forma dominante de ganarse la vida?
- reforzó a Madrid como Urbe centralizadora e impulsó la imposición del castellano por toda la península?
- levantó enorme oposición en el mundo rural?


Como vacuna ante este virus manipulativo, os recomiendo que veáis este vídeo realizado por Félix Rodrigo Mora.

16/3/12

Valoración da charla de Pedro García Olivo


O venres da semana pasada, no local social O Fresco, o Ateneo Lume Negro celebrou unha charla, na que o invitado era o sempre polémico Pedro García Olivo. O título elixido era “Enemigos de la escuela por amor a la educación. El inter-texto anti-pedagógico”, na que falaba sobre outras modalidades educativas, como a xitana, a indíxena e a rural-marxinal, utilizando os aspectos positivos de ditas alternativas para criticar o modelo educativo occidental en xeral.
En canto á charla propiamente dita, cremos que se pode facer unha valoración moi positiva, tanto dende unha perspectiva estrutural como argumental, independentemente do punto de vista e opinión de cada quen. En calquera caso, cómpre ter en conta que o tema en cuestión é bastante complexo como para condensalo nunha hora e pico que foi o que durou.
O número de asistentes foi inesperadamente elevado, de feito houbo xente que tivo que quedar de pé o tempo todo debido á falta de sillas; nalgúns momentos a calidade do son non foi a mellor por ruídos e interferencias varias, causas alleas á nosa vontade que escapaban á nosa capacidade de organización. Con todo, e a pesar das circunstancias, dende o Ateneo Lume Negro facemos unha valoración positiva do acto en xeral.
Queremos aproveitar esta ocasión para manifestarlles o noso agradecemento tanto ó colectivo O Fresco, que puxo á nosa disposición o seu local, como a tódolos asistentes, que coa súa asistencia e participación fixeron posible a celebración desta charla.
Así mesmo, tamén queremos amosar a nosa gratitude a Unión Libertaria por ofrecernos a oportunidade de poder a traer de novo a Ponteareas a P. G. Olivo, a quen tamén lle agradecemos a súa disposición e xenerosidade ó compartir con nós as súas inquietudes.

OS "AXUSTES ANTICRISE" A DEBATE

Cun primeiro horizonte de mobilización na folga xeral do 29 de marzo, a Iniciativa Popular pola Folga Xeral organiza unha mesa aberta co seguinte título:
Os "axustes anticrise" a debate.

- Nova reforma laboral. Recorte de dereitos no ámbito do traballo. Falará Isidro Román (militante sindical).

- Recorte de prestacións sociais. Falará Diego Lores (ODS-Coia http://odscoia.arkipelagos.net/).

Será o sábado 17 de marzo ás 20:30h no Centro Social "A Cova dos Ratos" (rúa Romil 3 Baixo -Vigo-)

2/3/12

Charla-Coloquio con PEDRO GARCÍA OLIVO. 9 de marzo de 2012

O vindeiro venres 9 de marzo as 21h. o Ateneo Libertario Lume Negro organiza unha charla no C.S.A. O Fresco na que vai intervir PEDRO GARCÍA OLIVO, doutorado en Filosofía, licenciado en Xeografía e Historia e autor de diversos libros e artigos, dos que moitos están centrados no tema da educación dende un punto de vista máis que crítico.



O título da súa charla é: "ENEMIGOS DE LA ESCUELA POR AMOR A LA EDUCACIÓN. EL INTER-TEXTO ANTIPEDAGÓGICO" na que se referirá ás modalidades educativas non-escolares que ven estudando nestes últimos tempos, educación comunitaria indíxena, educación tradicional xitana, educación rural-marxinal, educación na casa e educación alternativa non-institucional.


Se queres más información sobre Pedro García Olivo, podes atopala no seguinte enlace:




IIIº Foro-Mesa Redonda: O SECTOR FORESTAL A DEBATE

14/2/12

BALTASAR GARZÓN, UN DEMOFASCISTA

Ahí os dejo dos enlaces de sendos artículos sobre BALTASAR GARZÓN, mostrando su cara, digamos, más oscura:

BALTASAR GARZÓN: GAVILÁN Y PALOMA, de Manuel F. Trillo

http://lahaine.org/espana/baltasar_paloma.htm


GARZÓN, LA TORTURA, LA IZQUIERDA Y EL DINERO, de Félix Rodrigo Mora

http://free-news.org/htm/NP-FRM-02.htm

10/2/12

Fraga gana???


Vai unha "perla nostálxica" que ven moi a conta da actualidade destas últimas semanas.......
Esta perla, enviada polo escorpión da Canhiza, trasládanos probablemente ás eleccións do ano 1977, mais tamén a un novo exemplo de reutilización rural da propaganda electoral......podemos visualizar esta imponente perla moi perto da Moscadeira.

6/2/12

Cinco canciones para Don Manuel. Al Darrera La Nevera/Rebelión

Hay canciones que, en unos pocos minutos, explican la vida de alguien mejor que cualquier biografía. Hay pocas vidas, sin embargo, que puedan ser explicadas exclusivamente a partir de canciones que hablan de muerte. La vida de Manuel Fraga es una de ellas.

Ahora que ha fallecido hay que a escuchar y cantar las canciones que hablan de estas muertes: Julián Grimau, Enrique Ruano, Salvador Puig i Antich, Juan Paredes Manot 'Txiki', Ángel Otaegi, José Luis Sánchez Bravo, Ramón García Sanz, Humberto Baena... y tantos otros. Como inmortalizó Lluís Llach en Campanadas a mort, "les perseguirán nuestras memorias para siempre".
http://www.rebelion.org/noticias/espana/2012/1/cinco-canciones-para-don-manuel-143256
http://blocs.mesvilaweb.cat/node/view/id/212829

3/2/12

O concello de Ponteareas e a biomasa...

O concello de Ponteareas ten anunciado a bombo e platillo o proxecto Silvaplus . Sen embargo nada sabiamos ate o de agora das cantidades do proxecto nin moito menos dos compromisos adquiridos polo noso concello. Desde o Ateneo acabamos de descubrir que o concello vai a cobrar 84.000 euros por...porque?? por "apoiar" o emprego da biomasa para producir electricidade? por "apoiar" o macroproxecto enerxético que se pretende isntalar no noso concello? por "apoiar" o emprego masivo dos cultivos enerxéticos nos montes do condado?? No seguinte enlace podedes atopar información sobre as cantidades e os socios do proxecto Silvaplus Se cadra agora comezamos a entender o interese do concello e o oscurantismo que está desenvolver en todo o relacionado co proxecto de biomasa que tanto dano faría á veciñanza, ao río e aos nosos montes.....

19/1/12

SE VENDEN

A ODS-Coia e o G.A.S. saca unha tirada de cartaces que levan por título "SE VENDE(N)"

7/12/11

Segue a teima dos cultivos enerxéticos

Neste video podedes ver a algúns dos promotores da recente xornada técnica sobre cultivos enerxéticos que tivo lugar en Lugo (podedes atopar máis info sobre a xornada neste enlace web)
Semella curioso como entidades que din defender un modelo de monte multifuncional decántanse agora abertamente polos cultivos enerxéticos... Podedes velo vos mesmas!


OUTROS USOS DA BIOMASA!!

Recentemente ten aparecido no DOG esta información sobre unha planta de coxeración que emprega biomasa. xa sabiamos das bondades da biomasa...creación de emprego, xeración de electricidade, "limpeza" dos montes, etc. Pero o uso que desconheciamos é da loita contra as pestes...!!!!

O Concello do Vilamarín acordou iniciar un expediente de desprovisión do carácter comunal do predio rústico de monte baixo denominada Mareas da Terra, sito no lugar da Outraldea, na parroquia de Orbán, dunha superficie de dúas hectáreas, vinte e cinco áreas e setenta e cinco centiáreas, de referencia catastral 32013000239317, para dedicala á instalación nela dunha planta de tratamento por gasificación con contaminación cero dos residuos de biomasa obtidos na limpeza dos montes e outros con valoración enerxética integral (electricidade; calor e densificación), con que se pretende ter baixo control e evitar dentro do posible a propagación de incendios e pestes nos montes do municipio.