27/11/12

Otra Perlita Ponteareana más

Ahí va esta nueva Perla Ponteareana dedicada a las excelencias turísticas de este Concello.
No olvidéis de darle volumen a los altavoces, porque este archivo tiene sonido.
Enviado por Putoflauta


26/11/12

Perla Ponteareana


Mando esta perla ponteareana para participar no concurso. Trátase dunha serie de tres viñetas que aluden a situacións cómicas, pero moi reais, relacionadas cunha inefable personaxe deste pobo.


Enviado por: La bibliotecaria lapidaria

23/11/12

CHARLA SOBRE AS PRANTAS DE BIOMASA

O ateneo, seguindo a súa campaña de información sobre as plantas de biomasa, ofrecerá este luns 26 de novembro, ás 20:30, unha charla na biblioteca anarquista Ghavilla, na rúa Puentelareina 8, Santiago de Compostela.

21/11/12

ZANON VICTORIA DOS OBREIROS

Os compañeiros de ZANON amosan o decreto que dará lugar a que a fábrica sexa do pobo baixo control obreiro.
Os obreiros da cooperativa FaSinPat (fábrica sen patróns) de Neuquen recibiron o venres 19 de novembro o decreto do poder executivo provincial Nº 2977, que oficializa a expropiación de cerámicas zanon. Esta medida descarta calquera ameaza de desaloxo para os traballadores .


26/10/12

PonteDocu de Novembro


Este vindeiro xoves día 1 de novembro ás 21.00 horas, no Enigma café-bar, teremos unha nova proxección do PonteDocu. Esta vez o tema elixido son os medios de comunicación. Veremos:"Cuarto poder, os medios na sociedade da información", é unha análise rigorosa das estruturas mediáticas e dos seus intereses económicos e ideolóxicos que pon ao descuberto os mecanismos ocultos destas enormes máquinas de seducción.

5/10/12

Xa temos a primeira Perla Ponteareana .





Hola, envío este vídeo que leva uns tres meses na rede. Paréceme que é unha Perla da Policía de Ponteareas, e do seu concelleiro de tráfico, cando lles deu por multar na Praza Maior, ainda que, como se ve no vídeo, non a todos.
Pidovos desculpas pola calidade da imaxe que non é moi boa, era o único móvil  a man nese intre.

Un saudo,

Enviado por: “O Lacazán  de  Ribadetea” (e non son o Alcalde)

2/10/12

Abstención activa

Este montaje, de los Niños de la Noche, se hizo con motivo de las elecciones del 20N (del 2011), pero es obvio que sigue siendo válido para éstas que se avecinan ahora en Galicia.

6/9/12

III CONCURSO DE PERLAS PONTEAREANAS

Porque non hai dous sen tres, e porque a nosa corporación municipal segue sendo a mesma e igual de incompetente, o Ateneo Libertario Lume Negro convoca o terceiro concurso de Perlas Ponteareanas. Hainas e moitas, esperamos que vos animedes e que participedes nesta terceira edición do concurso.






30/8/12

Publicación @periódica nº 23. Setembro de 2012


Publicación Aperiódica num 23                                                           

27/8/12

O Ateneo no Festival da Poesía do Condado

Outro ano máis o Ateneo Libertario Lume Negro vai a participar cun posto propio no Festival da Poesía do Condado. Podedes atopar máis información sobre o festival, programa, etc neste enlace



4/8/12

Publicación @periódica Nº 22

Pódese ver e descargar a última publicación aperiódica "Lume Negro"

Lume Negro Xullo 2012 _biomasa Mondariz                                                           

21/7/12

Xa é público o proxecto de planta de biomasa de Mondariz


Este pasado xoves 19 de xullo fíxose público o proxecto de planta de biomasa de Mondariz mediante a Resolución do 15 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que “se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do modificado do proxecto de execución dunha planta de xeración eléctrica a partir de biomasa forestal primaria no municipio de Mondariz”.
O proxecto inicial contemplaba a localización de Ribadetea en Ponteareas. Tras ano e medio de loita social e de mobilización de diferentes colectivos, cun papel relevante do Ateneo, a empresa solicitou un cambio de localización do proxecto de planta o que é unha vitoria dos veciños e das veciñas ademais dos colectivos que se mobilizaron contra o proxecto de planta de biomasa en Ribadetea. 
Agora é un momento importante no que cómpre posicionarse en contra desta modificación do proxecto e organizarse novamente contra esta loucura biomásica.
 No novo proxecto determínase que se recollerían, como no caso de Ribadetea, 24.000 litros de auga diarios desde o Río Tea un espazo incluído na Rede Natura 2000 que se bombearían ate a localización prevista da planta. (tendo que salvar un desnivel de 150 metros...)
O proxecto forma parte do Concurso de biomasa desenvolvido a través do Decreto 149/2008 e tería unha potencia de 10 MW, o máximo permitido pola lexislación autonómica, cun consumo máis de 700.000 litros de auga ao mes, e precisaría dunhas 300 Toneladas diarias de biomasa o que favorecería o uso intensivo de cultivos enerxéticos (só destinados á súa queima) na Comarca coas consecuencias gravísimas que acarrearían para os montes do Condado.
Desde o Ateneo Libertario Lume Negro continuaremos, como vimos facendo desde que tivemos coñecemento do proxecto, coas tarefas de información á veciñanza e destapando as mentiras e a irracionalidade dun proxecto destas características.

2/7/12

Importante victoria no conflito polo proxecto de planta de biomasa

Tras ano e medio de loita da veciñanza e dos movementos sociais ponteareáns (fundamentalmente realizada por parte do Ateneo Libertario Lume Negro e da Asociación Ecoloxista ADENCO) acábase de lograr unha primeira importante victoria no conflicto. A semán pasada de xeito oficial tivemos constancia de que a empresa promotora ENGABIOMASA ten renunciado á localización de Ribadetea (Ponteareas) e vai tentar agora instalar a macroplanta no lugar de A Lagoa en Mondariz. Nos vindeiros días ou semanas vai a saír a información pública sobre a nova localización no boletín oficial da provincia e no diario oficial de Galicia.
Sen lugar a dúbidas é un paso importante pero o conflicto non vai a recuar.....
 As 320 toneladas de biomasa que precisaría queimar cada día, os 24.000 litros de auga diarios que consume, as emisións que provocaría, os impactos na saúde, o tráfico pesado, os cultivos enerxéticos asociados a un proxecto desta natureza, as 8.000 horas de funcionamento, a exportación de enerxía eléctrica de galiza ao resto da península, etc.... son motivos máis que suficientes para continuar a loita contra este macroproxecto incinerador dos nosos recursos e dos nosos montes....

Desde o Ateneo Libertario Lume Negro continuaremos coas tarefas informativas sobre todo o concerniente con esta clase de instalacións e animamos á veciñanza de Mondariz a organizarse contra este proxecto.
Nin en Ribadetea, nin en Mondariz!