28/3/11

O que deberiamos de saber sobre o proxecto de planta de biomasa III


Datos sobre a empresa

Segundo o proxecto “Planta de generación eléctrica a partir de biomasa forestal primaria de potencia 10 MW” exposto no Concello de Ponteareas do 20 de decembro de 2010 ate o 20 de xaneiro de 2011 a empresa solicitante é Enerxía Galega da Biomasa, S.L. (ENGABIOMASA ) que, á súa vez, está formada polas seguintes empresas:

Energía de Galicia, S.A. (ENGASA) Empresa galega que traballa no ámbito da enerxía. Dentro dos seus accionistas está CENTRAL ELECTRICA MACEIRA S.L. que, á súa vez é propiedade de CENTRAL ELECTRICA SESTELO Y COMPAÑÍA, S.A Na páxina web da empresa podemos ver como parece o proxecto de planta de biomasa.

Dalkia. Esta empresa é unha multinacional francesa que pertence ao grupo de Veolia Environnement e que traballa entre outros ámbitos nas enerxías renovables. Na páxina web de Dalkia España aparece, en actualidade, destacado o proxecto de planta de biomasa de ENGABIOMASA. A finais de maio de 2010 esta empresa presentaba nun salón internacional de enerxía en Barcelona os seus proxectos entre os que destacaba a planta de biomasa, así podemos ler na seguinte nova que: “adxudicataria do proxecto de construción e explotación dunha nova central de Biomasa en Pontevedra, Galicia. Dalkia, a través da súa filial en Galicia Altair, xestionará unha superficie forestal de 12.500 hectáreas e construirá unha central de biomasa que ocupará 3 hectáreas dentro do espazo de 8 hectáreas dun futuro parque enerxético no que tamén se fará unha central de biogás. O proxecto suporá a inversión de máis de 28 millóns de euros cun contrato a 15 años e a potencia eléctrica acumulada total será de 10 MW o equivalente ao consumo duns 6.000 fogares. Na financiación deste proxecto participan tamén Banco Santander, Caja Madrid, Banesto e Dexia. Para a realización do proxecto se creará unha nova sociedade: ENGABIOMASA, S.A. formada por Dalkia e por tres empresas locais: ENGASA (distribución de enerxías renovables en Galicia), DEENMA (despacho de enerxía especializado no estudo de proxectos do sector enerxético) e MACEIRA (distribuidor de enerxía da zona de O Condado a Parananta (SIC)). “

C.E. Maceira S.L. Empresa adicada á produción de enerxía participada ao 100% pola Central Eléctrica Sestelo y Compañía, S.L.

Development Engineeering and Management, S.L. (DEENMA) Esta empresa ten a súa sede en Madrid e traballa tamén no sector da enerxía.

O futuro

O procedemento de autorización desta planta segue o seu curso. Como puidemos ver, o proceso xa leva algún tempo e a selección deste proxecto está claramente condicionado á ubicación que propuxo a empresa, A Lomba Ribadetea. As puntuacións, os informes das consellerías, as alegacións e a información pública, etc… todos estes elementos necesarios para a posible autorización da planta están feitos en torno ó proxecto de Engabiomasa e á ubicación que propuxeron.

Agora mesmo atopámonos no proceso de resolución do proceso. A xunta ten que tomar unha decisión con respecto á autorización da planta en Ribadetea tendo en conta as alegacións presentadas. As solucións poden ser as seguintes:

Que a Consellería resolva positivamente á solicitude de autorización e se poida instalar en Ribadetea

Que a Consellería resolva negativamente á solicitude de autorización en base ás alegacións presentadas

Que a Consellería resolva negativamente á solicitude de autorización porque a empresa promotora do proxecto desista da súa localización.

Esta última é a opción na que os veciños e as veciñas podemos tratar de potenciar. Temos que deixarlle claro ós nosos políticos que teñen que indicarlle claramente á empresa que a veciñanza non quere a planta de biomasa nesta localización polos múltiples impactos que tería a nivel ambiental e social.

A pesares das novas que, sen ningún rigor, están a saír na prensa nas derradeiras semanas e que indican que é posible mover a ubicación da planta de biomasa de Ribadetea, esta posibilidade non semella legalmente posible a día de hoxe.

Os “globos sonda” da prensa parecen ter o interese de desviar a atención, gañar tempo nun momento de máxima importancia no proceso de autorización administrativa e desmobilizar ás/aos veciñas/os.

Sen embargo, temos que ter claro que a empresa ten moito interese en conseguir esta autorización e a razón non é outra que a rendabilidade económica da instalación. Segundo os datos do proxecto da empresa, a facturación anual provinte da venda da enerxía da instalación sería de 9.192.765 € que reverterían, evidentemente, na empresa e non na veciñanza. Na Comarca do Condado certamente non hai moitas empresas que facturen estas cantidades! A pesares de que o presuposto da planta é de 26.931.175 €, este investimento amortizaríase en apenas 7 anos. A produción de enerxía eléctrica a partires da biomasa forestal está dentro da produción do réxime especial e, polo tanto, a unidade enerxética producida ten unha prima pagada polo estado. No ano 2010 a produción d enerxía dentro do réxime especial percibiu segundo o Informe mensual de vendas de enerxía do réxime especial (Comisión Nacional da Enerxía) unha prima de máis de 7.000 millóns de euros.

Tamén é preciso coñecer que fai poucas datas a Unión Europea (UE) acaba de conceder un proxecto denominado Silvaplus para investigar e fomentar o uso da biomasa forestal na zona sur de Galicia e o Norte de Portugal. A UE aportará 565.000 € para o proxecto entre os que se atopan os seguintes socios: Concello de Ponteareas, Concello de Tomiño, ENGABIOMASA, a Asociación Forestal de Galicia, etc. Que intereses ten o Concello de Ponteareas no fomento da biomasa con fins enerxéticos?.

Na nosa Comarca existen exemplos de iniciativas dinamizadoras silvopastorais ou de compostaxe de restos forestais que temos na comarca, que crean emprego e coidan os seus recursos dun xeito máis racional. Así Abonos Lourido leva perto de 20 anos demostrando en Rebordecháns (Crecente) que a biomasa pódese compostar como se facía tradicionalmente evitando problemas de lumes forestais pero sen perder fertilidade, nin ser agresivos co monte. Esta iniciativa crea emprego e ten unha inversión comparativamente moi escasa con respecto a unha planta de biomasa. Máis tamén se pode controlar o mato e xerar emprego con proxectos silvopastorais como o de Cabeiras (Arbo), no que se produce carne de caprino ecolóxica.

O que deberiamos de saber sobre o proxecto de planta de biomasa IV


Os cultivos enerxéticos

Nos derradeiros meses estase tratando de fomentar por algunhas entidades forestais, por grandes empresas e pola administración galega o fomento do emprego da biomasa para producir electricidade. Sen embargo e neste contexto, admítese que o emprego a grande escala deste clase de produción enerxética requiriría do emprego de grandes extensións de monte para “cultivos enerxéticos”. Os cultivos enerxéticos son aqueles que teñen como fin a obtención de enerxía mediante a súa queima. Para que entendamos en que consisten esta clase de cultivos imaxinemos plantacións de eucaliptos, chopos ou outras especies foráneas con ciclos de corta de 5, 6 ou 7 anos cunha densidade o máis mesta posible coa intención de queimar esta biomasa para obter electricidade. Este tipo de cultivos provoca unha merma da fertilidade do solo. Ademais de que esta clase de cultivos soe estar xestionada por empresas privadas que empregan pesticidas e maquinaria pesada para recoller a biomasa que, posteriormente, será astillada e secada para a súa posterior queima para producir electricidade. No proxecto Silvaplus no que, como vimos anteriormente, participan o Concello de Ponteareas e Engabiomasa mesmo se chega a falar do emprego sostible do eucalipto, seica nos queren enganar novamente para que cedamos os nosos montes a empresas privadas para producir cultivos enerxéticos!

Recentemente acaba de saír publicado o Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro. Este Decreto abre a posibilidade da entrada de capital privado nos montes para executar o aproveitamento da biomasa foresta. Poderá ser socia dunha sociedade de fomento forestal calquera persoa física ou xurídica, con independencia de que teña a propiedade forestal ou non. (Artigo 8.1). O tamaño mínimo para un aproveitamento de cultivos enerxéticos é de 50 hectáreas que poderán ser cedidas para o seu uso por un período indeterminado ou determinado que nunca será menor a 25 anos. (Artigo 9º). Certamente este Decreto está totalmente relacionado co proceso de posta en marcha das centrais de biomasa e é un intento de privatizar aínda máis o noso monte.

Conclusións

O proxecto de planta de biomasa en Ribadetea provocaría moitos impactos para as/os veciñas/os desta parroquia e do resto do Concello e da Comarca como os ruidos, molestias , tráfico, afeccións á saúde, etc. Esta industria tamén xeraría moitos e importantes impactos ambientais nun lugar de tanto interese como o río Tea. Por outra banda, o emprego discrecional de cultivos enerxéticos sería un grande perigo para os montes da nosa Comarca e non solucionaría os problemas que temos no rural, senón que provocaría outros novos.

Na situación actual o procedemento administrativo do proxecto de planta de biomasa en Ribadetea continúa os seus trámites. En poucos meses a Xunta de Galicia terá que decidir sobre a solicitude de autorización efectuada pola empresa e, se a empresa non desiste desta localización, é posible que a resolución sexa positiva.

É importante que esteamos informados e atentos a todo o que teña que ver co proxecto de planta, xa que a vida na nosa Comarca pode cambiar con esta instalación. Tamén temos que saber que, coa unión e coa presión veciñal, podemos conseguir que esta instalación non se instale na localización elixida.

Chegou o momento de informarse e organizarse.

23/3/11

Biomasa en Ribadetea

Sabías que...

Na parroquia de Ribadetea queren construir unha planta de biomasa que conlevará

· Un aumento do transporte pesado pola carretera, xa que a planta consume 106.920 T/ano,o que supón 293 T/día, supondo que un camión pode levar sobre 14 T de biomasa, sae un toal de 20 camións diarios.

· Un consumo de auga de 25000 litros diarios, ¿de onde a sacarán?, ¿do LIC do río Tea? ou deixarán os pozos sen auga.

· Unhas emisións sonoras elevadas o lado das casas da freixa, a menos de 30 metros.

· Suporá un aumento dos elementos contaminantes na zona, chuvia ácida, chegando os límites permitidos.

· A construción dun edificio de 25 metros de altura nun entorno rural, cunha cheminea de 30 metros de altura.

· A devandita planta non necesita estudo de impacto ambiental, ¿ non son contaminantes?.

· Emítense hidrocarburos aromáticos policíclicos, que conteñen un largo grupo de compoñentes tóxicos, os cales poden ser canceríxenos.

¿Qué fan os partidos políticos para defendernos? Levan o tema a pleno, e non son capaces de falar del, suspenden o pleno. Así é como traballan os noso políticos. Grazas señores do PP e BNG por facer que se suspendera o pleno.

15/3/11

14/3/11

Perla Ponteareana

¡Qué planta más bona tienen en el Concello!.
La única pega es que es de mentirijillas.
Chinchilla

Perla Pontareana

Ponteareas, camiño de ser cidade.
Primeiro paso: Pór carteis indicándoo.

Enviado por "Necora"

12/3/11

Perla Ponteareana




Teñen un folleto no concello sobre a ruta de sendeirismo polo río Tea, cuxo parecido coa realidade é pura coincidencia:

Polo material que recomendan levar para facela, no canto dunha ruta polo río Tea de 1.770 metros, parece máis ben que é para facer o camiño de “SanTEAgo”.

O nome científico do mexilón que se dá neste río non é Anodonta cygnea, senón MARGARITIFERA MARGARITIFERA






Na outra cara do folleto “Lomba da Barxeia” é “Lomba da Barxela”e as fotos que aparecen no folleto deben de ter moito fotoshop porque eu fixen unhas fotos e non se parecen en nada. Hai van uns exemplos











Enviado por: "Unha Tea"

26/2/11

Perlas Ponteareanas


"Restos da batalha lingüística"

O escorpión da Canhiza

14/2/11

Perlas Ponteareanas



“Limpillo” incumprindo as normas do concello que quere gobernar.

Cando deixan de gobernar, xa non teñen que cumplir as normas, que nos queren impor ós demais.
O 21 de Abril do 2010, o concello na sua paxina publicou: “A pegada de carteis en fachadas ou mobiliario urbano será sancionada”.
Claro, como son “persoas”, tamen cometen erros.

Vacaloura.

2/2/11

Perla Ponteareana

Dedicada a Juan Carlos González Carrera:
Agora "somos persoas"
Pardal