Esta situación de endebedamento queda reflectida nun recente informe do Consello de Contas de Galicia. O Informe que leva por título “Informe da Conta Xeral das Corporacións Locais de Galicia. Exercicio 2006. Consello de Contas de Galicia”, indícanos que o concello ponteareán ten un índice de endebedamento con respecto ós seus ingresos correntes no exercicio 2006 de…. máis do 254%!
Nos seguintes cadros extraídos do devandito informe podemos ver como no concello hai un aforro neto negativo e remanentes de tesourería tamén negativos. Neste senso, no informe do Consello de Contas (entidade nada sospeitosa de radicalismo) indica que “É necesario vixiar a xestión de determinadas entidades básicas (Deputacións e Concellos), porque a súa solvencia financeira está comprometida. Por un lado a solvencia financeira a curto prazo ao se rexistrar remanentes de tesouraría negativos e por outro a solvencia financeira a longo prazo, por rexistrarse un aforro neto tamén negativo.” Se cadra, os responsables de que Ponteareas chegase a ter este nivel de endebedamento terían que asumir responsabilidades.















.jpg)
.jpg)
.jpg)
A sesión do sábado comezou coa intervención do grupo de Madrid La Prospe, cunha orixinal forma de exposición do seu movemento (eran eles os que facían as preguntas e non o público), que deu lugar a un debate moi intenso, á vez que dinámico..jpg)
Queremos manifestarlle a nosa gratitude a tódolos grupos e persoas a título individual que coa súa presenza e colaboración fixeron posible a celebración destas tardes libertarias.