20/10/11

PonteDocu: Onde podes mirar o que non nos deixan ver

A partir do mes de novembro imos poñer en marcha unha nova iniciativa do Ateneo, Ponte Docu, que esperamos vos pareza interesante e vos animedes a participar con nós. A idea é proxectar, tódolos primeiros xoves de mes, documentais que, en principio, por resultar politicamente incorrectos ou por tratar temáticas en certo modo incómodas, non será posible ver nos medios de comunicación máis habituais. O lugar das proxeccións será no Enigma-Café Bar, na rúa Real, 27 de Ponteareas.
Os temas procuraremos que sexan variados e diversos; de feito, gustaríanos que todos participedes pero non só como público, senón achegando ideas sobre temas ou títulos de documentais que vos pareza interesente proxectar. Podedes facernos chegar as vosas propostas a través do noso enderezo eléctronico.
Nesta primeira entrega de inverno os docus escollidos son os seguintes:



  • 3 de novembro: "A Tornallom" que trata sobre a loita da horta valenciana;


  • 1 de decembro: "El Norte", sobre un conflito eólico en Tehuantepec (Mexico).


  • 5 de xaneiro: "O monte é noso", que fala sobre distintas loitas en Galicia para recuperar os montes comunais;

10/10/11

Outros conflitos no Estado relacionados con plantas de biomasa

Noutros lugares do Estado existen conflitos con respecto a proxectos de plantas de biomasa similares á que se pretende instalar en Ponteareas.
En Errigoiti (Euskadi) existe un conflito con moita mobilización social que está a loitar contra un proxecto de planta. Podedes ver mais info pinchando neste enlace.

En Valcuevo (Salamanca) existe outro proxecto no que a veciñanza queixase entre outros motivos de que hai casas a menos de 1000 metros... se chegan a ver o proxecto de Ponteareas non o creerían.

No Congost (Tarragona) existe outro conflito similar do que podedes ver máis info na súa web.

Desde o Ateneo continuamos atentos ás novidades que poidan acontecer con este proxecto e seguiremos informando das mesmas.