20/12/10

NOVOS PARTIDOS, VELLAS MANEIRAS.

O fin de semana pasado apareceron por Ponteareas os panfletos do novo partido que participará nas eleccións municipais.

Sen entrar nas faltas de ortografía que ten, teño que destacar os dous primeiros parágrafos do devandito panfleto:

Evidentemente é unha nova formación política, pero cos vellos costumes, senón que me expliquen ¿por que usaron un camión do concello para traer as cadeiras á súa nova sede?.

No segundo parágrafo o que nos deixan claro é a súa falta de modestia polo de “persoas relevantes”. Os demais só somos persoas, aínda que pensándoo ben, xa entendo o do uso dun camión público para algo particular, iso só o conseguen “persoas relevantes”.

Viñeta de febrero de 1936


Esto es lo que dibujaban, seguro que ya sabian algo